lunes, 5 de diciembre de 2011

RETIRADA DE CARNÉS DE SOCIO


QUE SE PODERÁSE PROCEDER A RETIRADA DOS CARNÉS DE SOCIOS NAS SEGUINTES DATAS:

XOVES 08 DE DECEMBRO DE 17:00 A 19:00 HORAS
VENRES 09 DE DECEMBRO DE 17:00 A 19:00 HORAS
SABADO 10 DE DECEMBO DE 16:00 A 19:00 HORAS
DOMINGO 11 DE DECEMBRO DE 11:00 A 13:00 HORAS
LUGAR DE RECOLLIDA: CENTRO CÍVICO SOCIALJOSE DE TOREA

PRÉGASE TRAER IMPORTE EXACTO.

AGRADÉCESE DE ANTEMAN A COLABORACIÓN DE TÓDOLOS/AS SOCIOS/AS E VECIÑOS/AS.


EN LARIÑO A 04 DE DECEMBRO DE 2011
AAVV “INSUA”

OBRADOIRO DE NADAL


A ASOCIACION DE VECIÑOSINSUADA PARROQUIA DE LARIÑO


CONVOCA:


OS/AS VECIÑOS/AS (NENOS/AS, MOZOS/AS E MAIORES) O SÁBADO 10 DE DECEMBRO NO CENTRO CÍVICO SOCIALJOSE DE TOREAA PARTIRES DAS CATRO DA TARDE, PARA PARTICIPAR NUN OBRADOIRO NO QUE SE ELABORARÁN ADORNOS PARA DECORAR CON MOTIVO DAS NAVIDADES O CENTRO SOCIAL.

PRÉGASE A TÓDOLOS INTERESADOS/AS TRAIAN TESOIRAS E UNHA REVISTA OU PERIÓDICO VELLOS.



EN LARIÑO A 04 DE DECEMBRO DE 2011
AAVV “INSUA”

viernes, 2 de diciembre de 2011

PRENSA



 Reactívase a Asociación de veciños Insua de Lariño. O pasado domingo, 27 de novembro do 2011 celebrouse no Centro Socio-Cultural “José de Tórea”, unha masiva asamblea veciñal, onde participaron practicamente tódolos veciños de Lariño, co obxeto de reactivar a asociación de veciños “Insua”. Para elo someteuse a consideración dos socios a aprobación da modificación dos estatutos para a súa adaptación a Lei 2/2002 e procedeuse a elección da nova xunta directiva, presentándose unha única candidatura que foi refrendada có apoio unánime de tódolos asistentes.

A composición da nova Xunta Directiva quedou como sigue:

  • Presidente: Marcos Rama, Vicepresidente: Óscar Leis, Secretaria: Mónica Formoso, Tesoureiro: José María Lago e Vogais: Josefa Caamaño, Fancisco Lago, Beatriz Formoso, Jose Noceda, Jose Manuel Caamaño, Jose Enrique Romero, Isabel Riveiro Lamela, Mª Luisa González, Rafael Sestayo, Jose Mª Rodríguez, Mª Mercedes Noceda, Juan Caamaño, Jose Matín Rama, Hanno Gallinger e Gabriela Fernández.

Un relevo xeracional


Destaca na X.D. a alta porcentaxe de mozos e mozas que a integran e onde tamén se atopan membros que atesouran experiencia na participación como membros doutras directivas anteriores. Ademais hai que salientar que na composición da directiva se atopan representados tódolos rueiros e integrados os colectivos que na actualidade xestionaban o camposanto, a comisións de festa de San Martiño e As Aghuieiras Máster Festival, ademais de chegar a un acordo de traballar de forma coordinada coa Comunidade de Montes.

Longa historia


Diante do éxito da convocatoria os responsables da nova directiva amosaron a súa satisfacción e compromiso de traballo a prol dunha comunidade veciñal que nos últimos anos estivo paralizada pero que no seu día tivo un protagonismo moi especial na bisbarra destacando polas distintas iniciativas postas en marcha, sempre marcadas pola unidade e o espíritu solidario e de colaboración entre os veciños, entre as que se poden destacar a Construcción do Camposanto veciñal, a celebración dunha festa gastronómica popular como era O “Día do Porquiño” ademais de ser pioneiros na dotación do sinal de televisión das canles privadas a tódalas casas de Lariño e Gándara.

O seu presidente, Marcos Rama, agradeceu o respaldo masivo dos veciños e manifestou diante dos presentes que esperan estar a altura do que o pobo necesita e teñen o reto de equipararse ao nivel de traballo de directivas precedentes e si fose posible superarse, comprometéndose a que todo equipo vai a traballar arreo para intentar xestionar as melloras necesarias e dinamizar social e culturalmente a un pobo, que pola resposta que tivo a convocatoria, demostra que necesitaba ter unha asociación veciñal activa.