ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DA PARROQUIA DE LARIÑO
Páxina da asociación de veciños de Lariño. Nesta páxina publícase todo o referente a esta asociación.
domingo, 20 de octubre de 2013
martes, 10 de julio de 2012
jueves, 31 de mayo de 2012
Memoria de actividades 2012/2013
Programa de Actividades 2012/2013
PROXECTO DE ACTIVIDADES 2012-2013
DENOMINACIÓN E BREVE EXPLICACIÓN DAS ACTIVIDADES
INTRODUCCIÓN
1.- ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
1. SANEAMENTO EN LARIÑO
2.- ACTIVIDADES INFORMATIVAS SOBRE OS PROBLEMAS DA
3.- ACTIVIDADES DE CARÁCTER CULTURAL, LÚDICO E TEMPO LIBRE
4.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS
5.- ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
6.- ACTIVIDADES FORMATIVAS
7.- ACTIVIDADES SOLIDARIAS
ORZAMENTO ANUAL
INGRESOS REAIS
SOCIOS ADULTOS (199 *15) ............................................2.985 €
SOCIOS INFANTILES (36*2) .................................................72 €
CARTOS ATOPADOS NO CENTRO ..........................................5€
TOTAL: 3.062 €
INGRESOS ESTIMADOS
CLASES DE PILATES ....................................................21 €/ mes
PROXECTO DE ACTIVIDADES 2012-2013
DENOMINACIÓN E BREVE EXPLICACIÓN DAS ACTIVIDADES
INTRODUCCIÓN
A Asociación de Veciños Insua da Parroquia de Lariño é unha asociación non lucrativa que apoia aquelas iniciativas que van surxindo e axuda a mellorar o seu contorno dende a práctica e a acción. Intentamos facer unha sociedade cada vez máis humana, na que os seus habitantes se encontren integrados, tratando así de mellorar as relacións co noso contorno e o medio natural, así como intensificar os lazos de convivencia e solidariedade, para unha mellor calidade de vida.
OBXECTIVOS
a.- Defensa dos intereses xerais dos/as veciños e veciñas, en calidade de usuarios e destinatarios finais da actividade urbanística, cultural, deportiva, educativa, sanitaria, de vivenda, social económica, de consumo, de participación en asuntos de interese xeral da parroquia, etc, fomentando as medidas participativas máis axeitadas.
b.- Informar e apoiar os/as veciños e veciñas en todas as cuestións que afecten os seus intereses xerais.
c.- Asumir a representación dos/as veciños e veciñas do ámbito territorial adoptando as resolucións e levando a término as actuacións que pola súa importancia ou intereses lles afecten individual ou colectivamente, ou os intereses xerais da parroquia.
d.- Fomentar o asociacionismo entre os/as veciños e veciñas do ámbito territorial como instrumento de participación e defensa dos intereses xerais dos/as veciños e veciñas.
e.- Vixiar e esixir que as administracións públicas, no seu respectivo ámbito de competencias, cumpran escrupulosamente coa súa obriga de promover e facilitar o desenvolvemento de Asociacións, Federacións, Confederación e Unións que persigan o interese xeral.
f.- Esixir as administracións públicas, no seu respectivo ámbito de competencias, o cumprimento dos dereitos recoñecidos pola Lei Orgánica 1/2002, as súas normas de desenvolvemento e os regulamentos municipais, en orden a:
1.- recibir información directa dos asuntos que son de interese común.
2.- participar das subvencións públicas para o desenvolvemento de
proxectos e actividades.
3.- establecer convenios de colaboración en programas de interese
xeral.
4.- ser declaradas de utilidade pública.
5.- intervir en todos os ámbitos das administracións públicas para defender os intereses xerais dos/as veciños e veciñas.
6.- utilizar os medios públicos (locais, sas de reunión, centros sociais, radios, etc) para o exercicio das súas funcións de representación e defensa dos intereses dos/as veciños e veciñas.
7.- exercitar o dereito a iniciativa popular.
8.- ser escoitada nos Plenos e Comisións municipais nos asuntos que4 afecten de modo particular ou xeral (elaboración de disposicións xerais) os/as veciños e veciñas do seu ámbito territorial.
PROXECTO DE ACTIVIDADES 2012/2013
A obtención de colaboración e subvencións económicas das Consellerías correspondentes da Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Concello de Carnota ou de calquera outro organismo, institución ou empresa axudaranos a desenvolver, de forma óptima, as actividades de ocio, formación, sensibilización, cooperación, divulgación, información, etc., que o equipo multidisciplinario da Asociación de Veciños Insua levará a cabo; equipo formado por veciños e veciñas da parroquia, homes e mulleres que se esforzan por unha mellor calidade de vida no entorno próximo e remoto, onde desenvolven a súa actividade, posibilitando o mellor aproveitamento da capacidade persoal dos seus membros, adheridos e simpatizantes, permitindo unha maior eficacia organizativa, logrando unha mellor calidade e fiabilidade, así como desenvolver as súas actividades cos medios máis eficaces, de gran aceptación na sociedade. O desenvolvemento das actividade expostas neste programa queda supeditado a obtención das subvencións e axudas necesarias e solicitadas.
A presente proposta pretende abarcar ao conxunto de veciños da parroquia de Lariño, razón pola que trataremos de realizar actividades de carácter infantil e xuvenil, sen perxuízo das dirixidas a un público en xeral e da terceira idade. O obxectivo dos actos é formar, concienciar e estimular a participación cidadán da
Parroquia de Lariño, fomentando actividades que permitan o desenvolvemento cultural e a convivencia veciñal. As actividades están encamiñadas a incrementar as relacións desenvolvemento de proxectos dos propios veciños. persoais,
facilitando o desenvolvemento de proxectos dos propios veciños.
DENOMINACIÓN E BREVE EXPLICACIÓN DAS ACTIVIDADES
1. ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
2. ACTIVIDADES INFORMATIVAS SOBRE OS PROBLEMAS DA PARROQUIA DE LARIÑO .
3. ACTIVIDADES DE CARÁCTER CULTURAL, LÚDICO E TEMPO LIBRE
4. ACTIVIDADES DEPORTIVAS
5. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
6. ACTIVIDADES FORMATIVAS
7. ACTIVIDADES SOLIDARIAS
1.- ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
As accións reivindicativas serán sobre aqueles aspectos de gran importancia para a nosa calidade de vida, debendo destacar a defensa ante as distintas administracións con competencia na materia para a realización do exposto a continuación:
1. SANEAMENTO EN LARIÑO
2. RECUPERACIÓN DA OBRA “APERTURA DO RECINTO DO FARO”
3. PARQUE PARA OS NENOS NA EXPLANADA XUNTO O LOCAL SOCIAL
4. ALUMEADO DENDE O CEMITERIO E LOCAL SOCIAL POLA “CARRETERA DARRIBA”
5. SINALIZACIÓN DAS ENTRADAS A LARIÑO E DOS DISTINTOS RUEIROS
6. SOLICITAR UN EQUIPO DA POLICÍA NACIONAL PARA A RENOVACIÓN DO DNI EN CARNOTA
7. ATENCIÓN DA ASISTENTA SOCIAL UN DÍA A SEMANA NO CENTRO SOCIAL “JOSE DE TOREA” EN LARIÑO
8. MELLORA DOS CAMIÑOS Á PRAIA
9. RECUPERAR AS FONTES
10. ARREGLAR AS DUCHAS DA PRAIA DO FARO
11. RETIRADA CABLES ALTA TENSION CAMIÑO DO FARO
12. PINTAR AS PISTAS DEPORTIVAS DAS ESCOLAS
13. CURSOS PARA PEQUENOS
14. CURSOS PARA MAIORES (INFORMÁTICA, MANUALIDADES, SOLDADURA,...)
15. ARREGLAR A ENTRADA DE CADEIRAS
16. ORGANIZACIÓN DE CHARLAS DE INTERESE XERAL PARA A VECIÑANZA
2.- ACTIVIDADES INFORMATIVAS SOBRE OS PROBLEMAS DA
PARROQUIA DE LARIÑO
Dende a Asociación de Veciños Insua da Parroquia de Lariño, levaranse a cabo actividades informativas puntuais e xerais sobre todos os aspectos que nos afectan como veciños, mediante as seguintes actuacións:
· Organización de encontros co responsable de Concello de Carnota e outras institucións, de darse o caso, co fin de comunicar as proposta dos veciños nos asuntos do seu interese.
· Realización periódica de consultas os asociados sobre os asuntos concernentes á asociación.
· Impulso das novas tecnoloxías a través do Blog e do Facebook da Asociación, nas que se pon toda a información a disposición dos veciños.
· Celebración da asemblea Xeral de asociados. Estatuariamente convocarase a Asemblea Xeral de Asociados, co obxecto de dar a coñecer as actividade desenvolvidas durante o ano anterior, as reivindicacións planteadas e resultados e a proposta do programa e orzamento correspondentes.
· Asembleas informativas puntuais. O normal funcionamento da Asociación, conleva ante problemas que se podan plantexar, o convocar a todos os veciños a unha Asemblea para o debate e a toma de posicións sobre o mesmo.
3.- ACTIVIDADES DE CARÁCTER CULTURAL, LÚDICO E TEMPO LIBRE
·Taller de lectura
· Proxeccións de Vídeos
· Festa do Antroido
· Día das letras Galegas
· Festa de San Xoán
· Semana Cultural
· Festa de San Martiño
· Magosto
· Festas Navideñas
· Contacontos
4.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS
· Torneo de Futbito
· Xogos populares
· Xogos de mesa
· Outros
5.- ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
· Realización de actividades que conciencien os veciños e veciñas da importancia do medioambiente. (limpeza de praias, día verde...)
6.- ACTIVIDADES FORMATIVAS
· Taller de manualidades
· Taller de música
· Taller de pilates
· Taller de alfabetización
· Taller de informática e charlas informativas sobre os perigos da rede e outras
(A realización destas actividade queda supeditado a obtención das subvencións e axudas necesarias e solicitadas.)
7.- ACTIVIDADES SOLIDARIAS
· Recollida de roupa
· Recollida de alimentos
ORZAMENTO ANUAL
INGRESOS REAIS
SOCIOS ADULTOS (199 *15) ............................................2.985 €
SOCIOS INFANTILES (36*2) .................................................72 €
CARTOS ATOPADOS NO CENTRO ..........................................5€
TOTAL: 3.062 €
INGRESOS ESTIMADOS
CLASES DE PILATES ....................................................21 €/ mes
viernes, 2 de marzo de 2012
Documento de inicio do PXOM de Carnota
Podedes descargar o arquivo neste enlace. É demasiado gordo como para publicalo directamente. Os planos están ó final.
¡¡¡¡¡A LER!!!!!
Se non vai probade con este:
Enlace ó mesmo arquivo cargado no noso servidor
lunes, 5 de diciembre de 2011
RETIRADA DE CARNÉS DE SOCIO
QUE
SE
PODERÁSE
PROCEDER
A
RETIRADA
DOS
CARNÉS
DE
SOCIOS
NAS
SEGUINTES
DATAS:
XOVES 08 DE DECEMBRO DE
17:00 A 19:00 HORAS
VENRES 09 DE DECEMBRO DE
17:00 A 19:00 HORAS
SABADO 10 DE DECEMBO DE
16:00 A 19:00 HORAS
DOMINGO 11 DE DECEMBRO DE
11:00 A 13:00 HORAS
LUGAR
DE
RECOLLIDA:
CENTRO
CÍVICO
SOCIAL
“JOSE
DE
TOREA”
PRÉGASE TRAER IMPORTE
EXACTO.
AGRADÉCESE
DE
ANTEMAN
A
COLABORACIÓN
DE
TÓDOLOS/AS
SOCIOS/AS
E
VECIÑOS/AS.
EN
LARIÑO
A
04
DE
DECEMBRO
DE
2011
AAVV “INSUA”
OBRADOIRO DE NADAL
A
ASOCIACION
DE
VECIÑOS
“INSUA”
DA
PARROQUIA
DE
LARIÑO
CONVOCA:
OS/AS
VECIÑOS/AS
(NENOS/AS,
MOZOS/AS
E
MAIORES)
O
SÁBADO
10
DE
DECEMBRO
NO
CENTRO
CÍVICO
SOCIAL
“JOSE
DE
TOREA”
A
PARTIRES
DAS
CATRO
DA
TARDE,
PARA
PARTICIPAR
NUN
OBRADOIRO
NO
QUE
SE
ELABORARÁN
ADORNOS
PARA
DECORAR
CON
MOTIVO
DAS
NAVIDADES
O
CENTRO
SOCIAL.
PRÉGASE A TÓDOLOS
INTERESADOS/AS TRAIAN TESOIRAS E UNHA REVISTA OU PERIÓDICO VELLOS.
EN
LARIÑO
A
04
DE
DECEMBRO
DE
2011
AAVV “INSUA”
viernes, 2 de diciembre de 2011
PRENSA
Sacado de: http://www.quepasanacosta.com/?p=11340
Reactívase a Asociación de veciños Insua de Lariño. O pasado domingo,
27 de novembro do 2011 celebrouse no Centro Socio-Cultural “José de
Tórea”, unha masiva asamblea veciñal, onde participaron practicamente
tódolos veciños de Lariño, co obxeto de reactivar a asociación de
veciños “Insua”. Para elo someteuse a consideración dos socios a
aprobación da modificación dos estatutos para a súa adaptación a Lei
2/2002 e procedeuse a elección da nova xunta directiva, presentándose
unha única candidatura que foi refrendada có apoio unánime de tódolos
asistentes.
A composición da nova Xunta Directiva quedou como sigue:
- Presidente: Marcos Rama, Vicepresidente: Óscar Leis, Secretaria: Mónica Formoso, Tesoureiro: José María Lago e Vogais: Josefa Caamaño, Fancisco Lago, Beatriz Formoso, Jose Noceda, Jose Manuel Caamaño, Jose Enrique Romero, Isabel Riveiro Lamela, Mª Luisa González, Rafael Sestayo, Jose Mª Rodríguez, Mª Mercedes Noceda, Juan Caamaño, Jose Matín Rama, Hanno Gallinger e Gabriela Fernández.
Un relevo xeracional
Destaca na X.D. a alta porcentaxe de mozos e mozas que a integran e
onde tamén se atopan membros que atesouran experiencia na participación
como membros doutras directivas anteriores. Ademais hai que salientar
que na composición da directiva se atopan representados tódolos rueiros e
integrados os colectivos que na actualidade xestionaban o camposanto, a
comisións de festa de San Martiño e As Aghuieiras Máster Festival,
ademais de chegar a un acordo de traballar de forma coordinada coa
Comunidade de Montes.
Longa historia
Diante do éxito da convocatoria os responsables da nova directiva
amosaron a súa satisfacción e compromiso de traballo a prol dunha
comunidade veciñal que nos últimos anos estivo paralizada pero que no
seu día tivo un protagonismo moi especial na bisbarra destacando polas
distintas iniciativas postas en marcha, sempre marcadas pola unidade e o
espíritu solidario e de colaboración entre os veciños, entre as que se
poden destacar a Construcción do Camposanto veciñal, a celebración dunha
festa gastronómica popular como era O “Día do Porquiño” ademais de ser
pioneiros na dotación do sinal de televisión das canles privadas a
tódalas casas de Lariño e Gándara.
O seu presidente, Marcos Rama, agradeceu o respaldo masivo dos
veciños e manifestou diante dos presentes que esperan estar a altura do
que o pobo necesita e teñen o reto de equipararse ao nivel de traballo
de directivas precedentes e si fose posible superarse, comprometéndose a
que todo equipo vai a traballar arreo para intentar xestionar as
melloras necesarias e dinamizar social e culturalmente a un pobo, que
pola resposta que tivo a convocatoria, demostra que necesitaba ter unha
asociación veciñal activa.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)