jueves, 31 de mayo de 2012

Memoria de actividades 2012/2013

Programa de Actividades 2012/2013

PROXECTO DE ACTIVIDADES 2012-2013
DENOMINACIÓN E BREVE EXPLICACIÓN DAS ACTIVIDADES


INTRODUCCIÓN
A Asociación de Veciños Insua da Parroquia de Lariño é unha asociación non lucrativa que apoia aquelas iniciativas que van surxindo e axuda a mellorar o seu contorno dende a práctica e a acción. Intentamos facer unha sociedade cada vez máis humana, na que os seus habitantes se encontren integrados, tratando así de mellorar as relacións co noso contorno e o medio natural, así como intensificar os lazos de convivencia e solidariedade, para unha mellor calidade de vida.

OBXECTIVOS
a.- Defensa dos intereses xerais dos/as veciños e veciñas, en calidade de usuarios e destinatarios finais da actividade urbanística, cultural, deportiva, educativa, sanitaria, de vivenda, social económica, de consumo, de participación en asuntos de interese xeral da parroquia, etc, fomentando as medidas participativas máis axeitadas.
b.- Informar e apoiar os/as veciños e veciñas en todas as cuestións que afecten os seus intereses xerais.
c.- Asumir a representación dos/as veciños e veciñas do ámbito territorial adoptando as resolucións e levando a término as actuacións que pola súa importancia ou intereses lles afecten individual ou colectivamente, ou os intereses xerais da parroquia.
d.- Fomentar o asociacionismo entre os/as veciños e veciñas do ámbito territorial como instrumento de participación e defensa dos intereses xerais dos/as veciños e veciñas.
e.- Vixiar e esixir que as administracións públicas, no seu respectivo ámbito de competencias, cumpran escrupulosamente coa súa obriga de promover e facilitar o desenvolvemento de Asociacións, Federacións, Confederación e Unións que persigan o interese xeral.
f.- Esixir as administracións públicas, no seu respectivo ámbito de competencias, o cumprimento dos dereitos recoñecidos pola Lei Orgánica 1/2002, as súas normas de desenvolvemento e os regulamentos municipais, en orden a:
1.- recibir información directa dos asuntos que son de interese común.
2.- participar das subvencións públicas para o desenvolvemento de
proxectos e actividades.
3.- establecer convenios de colaboración en programas de interese
xeral.
4.- ser declaradas de utilidade pública.
5.- intervir en todos os ámbitos das administracións públicas para defender os intereses xerais dos/as veciños e veciñas.
6.- utilizar os medios públicos (locais, sas de reunión, centros sociais, radios, etc) para o exercicio das súas funcións de representación e defensa dos intereses dos/as veciños e veciñas.
7.- exercitar o dereito a iniciativa popular.
8.- ser escoitada nos Plenos e Comisións municipais nos asuntos que4 afecten de modo particular ou xeral (elaboración de disposicións xerais) os/as veciños e veciñas do seu ámbito territorial.

PROXECTO DE ACTIVIDADES 2012/2013

A obtención de colaboración e subvencións económicas das Consellerías correspondentes da Xunta de Galicia, Deputación de A Coruña, Concello de Carnota ou de calquera outro organismo, institución ou empresa axudaranos a desenvolver, de forma óptima, as actividades de ocio, formación, sensibilización, cooperación, divulgación, información, etc., que o equipo multidisciplinario da Asociación de Veciños Insua levará a cabo; equipo formado por veciños e veciñas da parroquia, homes e mulleres que se esforzan por unha mellor calidade de vida no entorno próximo e remoto, onde desenvolven a súa actividade, posibilitando o mellor aproveitamento da capacidade persoal dos seus membros, adheridos e simpatizantes, permitindo unha maior eficacia organizativa, logrando unha mellor calidade e fiabilidade, así como desenvolver as súas actividades cos medios máis eficaces, de gran aceptación na sociedade. O desenvolvemento das actividade expostas neste programa queda supeditado a obtención das subvencións e axudas necesarias e solicitadas.
A presente proposta pretende abarcar ao conxunto de veciños da parroquia de Lariño, razón pola que trataremos de realizar actividades de carácter infantil e xuvenil, sen perxuízo das dirixidas a un público en xeral e da terceira idade. O obxectivo dos actos é formar, concienciar e estimular a participación cidadán da
Parroquia de Lariño, fomentando actividades que permitan o desenvolvemento cultural e a convivencia veciñal. As actividades están encamiñadas a incrementar as relacións desenvolvemento de proxectos dos propios veciños. persoais,
facilitando o desenvolvemento de proxectos dos propios veciños.

DENOMINACIÓN E BREVE EXPLICACIÓN DAS ACTIVIDADES

1. ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
2. ACTIVIDADES INFORMATIVAS SOBRE OS PROBLEMAS DA PARROQUIA DE LARIÑO .
3. ACTIVIDADES DE CARÁCTER CULTURAL, LÚDICO E TEMPO LIBRE
4. ACTIVIDADES DEPORTIVAS
5. ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
6. ACTIVIDADES FORMATIVAS
7. ACTIVIDADES SOLIDARIAS

1.- ACTIVIDADES REIVINDICATIVAS
As accións reivindicativas serán sobre aqueles aspectos de gran importancia para a nosa calidade de vida, debendo destacar a defensa ante as distintas administracións con competencia na materia para a realización do exposto a continuación:

1. SANEAMENTO EN LARIÑO
2. RECUPERACIÓN DA OBRA “APERTURA DO RECINTO DO FARO”
3. PARQUE PARA OS NENOS NA EXPLANADA XUNTO O LOCAL SOCIAL
4. ALUMEADO DENDE O CEMITERIO E LOCAL SOCIAL POLA “CARRETERA DARRIBA”
5. SINALIZACIÓN DAS ENTRADAS A LARIÑO E DOS DISTINTOS RUEIROS
6. SOLICITAR UN EQUIPO DA POLICÍA NACIONAL PARA A RENOVACIÓN DO DNI EN CARNOTA
7. ATENCIÓN DA ASISTENTA SOCIAL UN DÍA A SEMANA NO CENTRO SOCIAL “JOSE DE TOREA” EN LARIÑO
8. MELLORA DOS CAMIÑOS Á PRAIA
9. RECUPERAR AS FONTES
10. ARREGLAR AS DUCHAS DA PRAIA DO FARO
11. RETIRADA CABLES ALTA TENSION CAMIÑO DO FARO
12. PINTAR AS PISTAS DEPORTIVAS DAS ESCOLAS
13. CURSOS PARA PEQUENOS
14. CURSOS PARA MAIORES (INFORMÁTICA, MANUALIDADES, SOLDADURA,...)
15. ARREGLAR A ENTRADA DE CADEIRAS
16. ORGANIZACIÓN DE CHARLAS DE INTERESE XERAL PARA A VECIÑANZA

2.- ACTIVIDADES INFORMATIVAS SOBRE OS PROBLEMAS DA

PARROQUIA DE LARIÑO
Dende a Asociación de Veciños Insua da Parroquia de Lariño, levaranse a cabo actividades informativas puntuais e xerais sobre todos os aspectos que nos afectan como veciños, mediante as seguintes actuacións:
· Organización de encontros co responsable de Concello de Carnota e outras institucións, de darse o caso, co fin de comunicar as proposta dos veciños nos asuntos do seu interese.
· Realización periódica de consultas os asociados sobre os asuntos concernentes á asociación.
· Impulso das novas tecnoloxías a través do Blog e do Facebook da Asociación, nas que se pon toda a información a disposición dos veciños.
· Celebración da asemblea Xeral de asociados. Estatuariamente convocarase a Asemblea Xeral de Asociados, co obxecto de dar a coñecer as actividade desenvolvidas durante o ano anterior, as reivindicacións planteadas e resultados e a proposta do programa e orzamento correspondentes.
· Asembleas informativas puntuais. O normal funcionamento da Asociación, conleva ante problemas que se podan plantexar, o convocar a todos os veciños a unha Asemblea para o debate e a toma de posicións sobre o mesmo.

3.- ACTIVIDADES DE CARÁCTER CULTURAL, LÚDICO E TEMPO LIBRE
·Taller de lectura
· Proxeccións de Vídeos
· Festa do Antroido
· Día das letras Galegas
· Festa de San Xoán
· Semana Cultural
· Festa de San Martiño
· Magosto
· Festas Navideñas
· Contacontos

4.- ACTIVIDADES DEPORTIVAS
· Torneo de Futbito
· Xogos populares
· Xogos de mesa
· Outros

5.- ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
· Realización de actividades que conciencien os veciños e veciñas da importancia do medioambiente. (limpeza de praias, día verde...)

6.- ACTIVIDADES FORMATIVAS
· Taller de manualidades
· Taller de música
· Taller de pilates
· Taller de alfabetización
· Taller de informática e charlas informativas sobre os perigos da rede e outras
(A realización destas actividade queda supeditado a obtención das subvencións e axudas necesarias e solicitadas.)

7.- ACTIVIDADES SOLIDARIAS
· Recollida de roupa
· Recollida de alimentos

ORZAMENTO ANUAL
INGRESOS REAIS
SOCIOS ADULTOS (199 *15) ............................................2.985 €
SOCIOS INFANTILES (36*2) .................................................72 €
CARTOS ATOPADOS NO CENTRO ..........................................5€
TOTAL: 3.062 €
INGRESOS ESTIMADOS
CLASES DE PILATES ....................................................21 €/ mes

No hay comentarios:

Publicar un comentario